Mambo Tecnicolor é a obra máis rompedora e arriscada de Manuel Seixas. Escrito sen trabas, auto censuras nin eufemismos. Violento, ríspeto, duro. Verdadeiro.
Rachando formas e fondos o autor debulla unha viaxe en oito actos que nos presentan unha obra redonda, completa en si mesma, que percorre os camiños da negrura, da ruindade da existencia humana, das historias fiadas de lugar maldito que cheira a alcol, do perfume anticlerical, da tenrura obtida e perdida, do humor como salvación fermosa e como cáustica constatación, das instrucións cheas de retranca, do cine como faro e guía ou do amor cru. Unha obra inclasificable e única. Unha voz poética que salta os límites da propia poesía para amosarnos un universo salvaxe con moitos oasis onde repousar a cabeza mentres “escoitas” o Mambo.