MARXINALIA

Prólogo de Xosé María Álvarez Cáccamo

24,90  IVE Incluído

Autor/es
Colecciones
Category

Ficha

ISBN978-84-10324-41-1
Medidas50 x 15 x 23 cm
Peso0.5 Kg
FormatoRústica
Detalle FormatoCon lapelas
Nº Páxinas456
ColecciónPoesía
Número126
IdiomaGalego
Data Edición23/10/2024

Extracto

Xabier Paz publica o seu primeiro libro de poemas andados os cincuenta anos. Desde aquela publica outros catro poemarios callando a súa traxectoria creativa coma un inzamento da conciencia poética dende o eu lírico subxectivo até a conciencia expandida, de alento transhistórico e transcultural.

“…cando falo dun poeta maduro non me refiro a que Xabier Paz domine o instrumental da mecánica do verso, do poema; refírome a que ten un mundo, e que a poesía, nel, forma parte dunha interrogación, dunha pescuda e que é por iso polo que o fascínio que sobre nós exerce a medida música dos seus versos procede non da calidade do ornamento, senón dun estraño, dun ascético rigor, que é severa vontade de coñecemento… a busca dunha estética en sentido cultural, antropolóxico, un paso máis nese seguir contándose a conciencia, é a compaixón polos esforzos dos outros  -vivos ou mortos- que teñen axudado a facérmonos como somos: o recoñecemento dunha herdanza”. (Rafael Chirbes no seu prólogo a Filoxenia do sangue).

No presente volume recóllese a totalidade da obra poética publicada xuntando unha adealla de case medio cento de poemas inéditos o que permite a recuperación actualizada da vertente poética do autor.

 

 

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.