O BIERZO OCCIDENTAL E AS PORTELAS. A GALEGUIDADE EN CASTELA-LEÓN

21,90 € IVE Incluído

Autor/es
Colección
Category

Ficha

FormatoRústica
Detalle FormatoCon lapelas
Nº Páxinas286
ColecciónEnsaio
Número44
IdiomaGalego
Data Edición24/09/2026

Extracto

Título: O BIERZO OCCIDENTAL E AS PORTELAS 

Subtítulo: A GALEGUIDADE EN CASTELA-LEÓN

Autor: MIRAGAIA, MANUEL

Formato: Rústica

Detalle Formato: Con lapelas

ISBN: 979-13-88061-49-3

Medulia Editorial S.L.

Características: Alto: 230 mm. Ancho: 150 mm. Groso: 200 mm. Peso: 200 gr.

Núm. páxinas: 286

Colección: ENSAIO

Número: 44

Idioma de publicación:  Gallego

Número de edición: 1

Data de edición: 24/09/2026

Prezo: 21,90 euros

Prezo sen IVE: 21,06 EUR IVE: 4,0

Resumo: Queremos con este ensaio mellorar o coñecemento destas queridas e fermosas terras do Bierzo e das Portelas, dous territorios que contan cunha riquísima cultura, variadas tradicións e un considerábel patrimonio material e inmaterial, sendo deste último para destacar especialmente as súas variantes lingüísticas da grande lingua galego-portuguesa, que son, con certeza, merecedoras da máxima protección e desenvolvemento.

Para a elaboración deste traballo ensaístico contamos cunha ampla bibliografía, con informacións obtidas de moitas outras fontes e coas experiencias vividas nas viaxes e estadías feitas ao longo do tempo. Ofrecemos tamén, como complemento e ilustración do texto, unha ampla e significativa selección de fotografías das dúas comarcas.

Cremos que neste traballo se reúnen informacións e datos xeográficos, históricos, lingüísticos, culturais, patrimoniais, etnográficos, socioeconómicos, gastronómicos, enolóxicos e dos seus grandes homes e mulleres, que poden contribuír a que os bercianos e portelaos coñezan mellor e valoren máis as súas terras e a que os galegos viaxen a elas e se relacionen máis estreitamente cos seus habitantes.

Desexamos fornecer aos lectores e lectoras, e mais especialmente aos centros escolares bercianos, portelaos e ás súas bibliotecas municipais, cun libro que lles pode axudar no seu labor, e tamén aos institutos, colexios e bibliotecas galegas, porque acreditamos que o coñecemento das terras estremeiras pode e debe formar parte tamén dos seus programas e figurar nos seus andeis.

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.