O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES

17,90  IVE Incluído

Autor/es
Colecciones
Category

Ficha

ISBN978-84-19438-72-0
Medidas23 x 15 x 2 cm
Peso0.2 Kg
FormatoRústica
Detalle FormatoCon lapelas
Nº Páxinas224
ColecciónNarrativa
Número3
IdiomaGalego
Data Edición22/11/2023

Extracto

“Como músico de vello e escritor, non podo por menos que felicitarme dobremente pola aparición deste libro de Xulio Valcárcel. Como músico porque se trata dunha obra que recolle, gaba e restitúe a memoria daqueles músicos anónimos que, con maior ou menor “afinación”, mantiveron viva a chama da nosa tradición  (e mesmo importaron outras) naquela España en branco e negro do século pasado, na que transcorreu a infancia do autor e a de moitos de nós, ou dos nosos devanceiros.

Como escritor (ou simplemente como lector), porque estamos ante un libro singular, que mestura realidade e ficción (“novela somerxida”, como cualificou Claudio Magris a súa obra O Danubio), un libro que vai máias aló da temática estritamente musical para cicelar un atinado e exhaustivo retrato, ás veces case que antropolóxico (incluídas algunhas historias peculiares non exentas de comicidade), daquel tempo, daquel mundo que se foi baleirando coa emigración e hoxe agonía entre o desleixo e o silencio. Un mundo que nos nutriu e nos segue nutrindo como pobo, aínda que ás veces o ignoremos. Memoria seminal do que fomos ou soñamos ser, que esta obra contribúe a rescatar e preservar para as futuras xeracións.” Epílogo de Manuel Blanco López. Músico e poeta

 

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.