O LAPIS DO MONO

14,90  IVE Incluído

Autor/es
Colecciones
Category

Ficha

FormatoRÚSTICA
Detalle FormatoCON LAPELAS
Nº Páxinas142
ColecciónPOESÍA
Número142
IdiomaGALEGO
Data Edición20/06/2025

Extracto

O lapis do mono é o terceiro libro de aforismos do autor, logo de Arca cotidiana / Irispaxaros (1984) e Da rocha imantada (Laiovento, 2010). Xavier Seoane leva toda a vida escribindo aforismos e no presente volume recolle a súa produción entre os anos 2010 e 2020. A súa dedicación ao xénero inclúe tamén un libro de artista, Irispaxaros, que o gravador Manuel Facal realizou sobre unha antoloxía das súas creacións. Da súa autoría é tamén a edición, en colaboración con Francisco Pillado, dunha ampla antoloxía de aforismos de 48 autores galegos, titulada Os aforismos do riso futurista (Ed. Xerais, 2016).

O aforismo, coa súa concentración e brevidade, é un xénero moi do noso tempo. Que, por fragmentario ou parco que aparente, constitúe un ente autónomo, completo, que absorbe moita enerxía nun molde reducido.

O aforismo integra elementos que van da filosofía á poesía, da ética á estética, do humor ao ludismo, da creatividade filolóxica e lingüística ás inmersións no psiquismo, da subversión á retranca, do enxeño á sabedoría, do paradoxo ao siloxismo, do xogo verbal á sentenza, da imaxinación á ironía… Pois nada cae fóra das virtualidades incisivas do aforismo.

No noso momento histórico e cultural, o aforismo literario está a alcanzar valores relevantes no campo da literatura. É un xénero atractivo e en ascenso. Que está a vivir un momento de ampliación da súa esencia, recursos e proxección. Porque se trata dun instrumento aberto, en constante metamorfose, con tantas poéticas como autores o practican. Se aínda non existe consenso sobre o que é un poema, ou unha novela, como o ía haber sobre un xénero de tanta virtualidade estética e de configuración formal tan diversa. O ensaísta e pensador Antón Baamonde, no prólogo, sinala o humor, a diatriba, a chispa, a retranca e a lírica como claves deste libro. Para concluír: “Verdades amenas, que máis se pode pedir?”.

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.