17,90 € IVE Incluído
| ISBN | 978-84-10324-50-3 |
| Medidas | 23 x 15 x 10 cm |
| Peso | 0.1 Kg |
| Formato | Rústica |
| Detalle Formato | Con lapelas |
| Nº Páxinas | 126 |
| Colección | Tradución |
| Número | 14 |
| Idioma | Galego |
| Orixinal | Francés |
| Data Edición | 03/12/2024 |
Malia ser un dos mestres de moitos dos grandes mestres da narrativa moderna e contemporánea, o escritor, ensaísta, crítico e tradutor francés Marcel Schwob (1867-1905), asociado co simbolismo, segue a ser hogano incriblemente descoñecido pola maioría dos lectores e mesmo dos narradores actuais.
Entre as súas obras máis celebradas e influíntes salientan Corazón dobre (1891), O rei da máscara de ouro (1892), Mimos (1894), A cruzada dos nenos (1896), Vidas imaxinarias (1896), A porta dos soños (1898), así como os seus estudos lingüísticos verbo do argot francés, os seus ensaios literarios (Espicilexio, 1896) ou as súas traducións de dramas e novelas de William Shakespeare, Daniel Defoe ou Thomas de Quincey.
No ano 1891 Marcel coñeceu a Louise, “Vise”, unha obreira e prostituta de vinte e tres anos que, ende mal, morrería dous anos despois, no 1893, por mor da tuberculose. O pasamento do seu amour fou sumiu a Schwob na absoluta desesperación, e, secasí, foi quen de sublimar a vida daquela “muller-nena” transformándoa na protagonista d’O libro de Monelle (1894), unha obra extraordinaria, insondable que ata o de agora nunca vira a luz en galego.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados