Características: Alto: 230 mm. Ancho: 150 mm. Groso: 200 mm. Peso: 200 gr.
Núm. páxinas: 176
Colección: TRADUCION
Número: 18
Idioma de publicación: Galego
Idioma de tradución: Inglés
Número de edición: 1
Data de edición: 25/09/2026
Prezo: 17,90 euros
Prezo sen IVE: 17,21 EUR IVE: 4,0
Resumo: Xunto co inmortal Jetsun Milarepa (1052-1135), Shabkar Tsokdruk Rangdrol (1781-1851) está
considerado o maior poeta-iogui da historia espiritual do Tíbet, un dos seus insondables
«océanos de sabedoría». Igual cás do seu antecesor, as obras de Shabkar son reverenciadas
por todas e todos os budistas tibetanos, tanto monxes coma laicos. Os ioguis e as ioguinas
adoitan levalas ás covas ás que se retiran a meditar durante anos, e as xentes do pobo piden
aos seus mestres ou aos seus familiares que llelas lean durante o seu pasamento.
Entre a vintena de ensinanzas que deixou este «bardo da Iluminación», os budistan
veneran especialmente A vida de Shabkar: autobiografía dun iogui tibetano (as memorias que o
Lama da Pegada Branca escribiu a petición dos seus discípulos), e mais O voo da Garuda
(unha serie de cantos cuxa cerna é a práctica de trekcho, característica da escola Dzogchen ou
Gran Consumación, aínda que os seus versos entrañan moitas outras prácticas igualmente
inestimables para calquera meditadora ou meditador, sexa budista ou non).
Esta versión poética d’O voo da Garuda (ave mítica que simboliza, entre outras cousas,
a Luz Mai da nosa mente ou rigpa) foi realizada polo poeta, narrador e tradutor Xoán Abeleira a
partir de varias traducións ao inglés e ao francés transvasadas directamente dende o tibetano
por algúns dos maiores especialistas actuais no legado de Shabkar, entre eles o célebre monxe
francés Mathieu Ricard. A versión compleméntase cun limiar e cun longo capítulo de notas
explicativas artellados tamén por Abeleira a partir das súas múltiples lecturas sobre a filosofía
budista e da súa propia experiencia como practicante.