Este poemario recolle unha selección de poemas escritos nun lapso de case catro décadas, de 1985 a 2022. Neste longo camiño, os versos de dous grandes poetas viñeron con frecuencia á miña cabeza, os do poema de Kavafis “A cidade” :
[…] Non atoparás outra terra nin outro mar
A cidade irá sempre dentro de ti, voltarás
ás mesmas rúas, nos mesmos suburbios faraste vello
e na mesma casa encanecerás.
A cidade é sempre a mesma. Non busques outra, non a hai […]
e os do final de “Les fleurs du mal”, de Charles Baudelaire:
[…] Esta terra abúrrenos …
Tanto nos queima este lume o cerebro que queremos
mergullarnos no fondo do abismo, Inferno ou Ceo, non importa,
no fondo do Descoñecido para atopar algo novo.
Nesta pulsión de contrarios foron trazándose os meus camiños. E tamén lembrei a miúdo estes versos tan coñecidos de Antonio Machado:
Caminante, son tus huellas
el camino, y nada más;
caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace el camino,
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.