ISBN | 978-84-19438-20-1 |
Medidas | 21 x 14 x 1 cm |
Peso | 0.1 Kg |
Formato | Rústica |
Detalle Formato | Con lapelas. Limiar de Xavier Seoane |
Nº Páxinas | 96 |
Colección | Poesía |
Número | 77 |
Idioma | Galego |
Data Edición | 15/11/2022 |
“O poeta esperta cada día cunha tarefa moi sinxela: refacer o mundo. O día anterior resultou tan interesante como lúdico, e botoullo todo en desorde. Cómpre, pois, acometer a tarefa de recoller, limpar, ordenar, para que as mesmas persoas que coma el espertan cada día, teñan todo preparado para o seu traballo, para os seus xogos, para as súas paixóns. Se non, o mundo sería un desastre inimaxinable (¡E aínda así…!)
O poeta, que por dentro é unha persoa seria e sorrinte (a súa principal dedicación é a comprensión) acepta a tarefa con bo ánimo: é tan fermoso ver o resultado despois de cada reconstrución: cada onda no seu lugar, cada cor no seu fogar, cada persoa… a soas.
Sí, aí radica a principal tarefa do poeta: distinguir a soidade da tristeza, animar a nube se é melancólica; trátase de continuar a viaxe sempre mirando ao horizonte, ao máis alá do mar.
A súa misión é non retroceder, non negar. (Sempre na compaña da dúbida, cómo se non).”
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados