17,90 € IVE Incluído
ISBN | 978-84-10324-43-5 |
Medidas | 10 x 14 x 21 cm |
Peso | 0.1 Kg |
Formato | Rústica |
Detalle Formato | Con lapelas |
Nº Páxinas | 162 |
Colección | Narrativa |
Número | 58 |
Idioma | Galego |
Data Edición | 25/10/2024 |
A muller sen nome representa a moitas persoas. Probablemente, en gran parte do discurso sintas que podes identificar a alguén, sexas ti mesma a identificada ou simplemente empatices coas verbas que aquí se narran.
Esta historia transmite a ambivalencia que existe entre o amor e a dor que unha persoa pode experimentar no camiño da vida. O esforzo, o valor e a coraxe dunha nai que loita contra xigantes con brazos moi longos. Unha forza que xorde grazas ao amor do seu fillo.
Unha muller, que se enfronta á violencia de xénero pero tamén á violencia vicaria, xudicial e social, múltiples formas de opresión que intentan quebrar o seu espírito. Buscando desgastar a súa fortaleza, esta nai consegue mantense firme coma un carballo no medio da tempestade, transformando a dor nunha fonte de crecemento e renacemento da cal emerxe renovada. É un testemuño de resiliencia e esperanza, un canto á capacidade humana de encontrar a luz nos momentos máis escuros.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados