Formato | RÚSTICA |
Detalle Formato | CON LAPELAS |
Nº Páxinas | 290 |
Colección | NARRATIVA |
Número | 67 |
Idioma | GALEGO |
Data Edición | 08/07/2025 |
1.- Xénese:
Ao principio eran as tebras e delas xurdiu a imaxinación.
Entón Deus (Yahvé, Brahma, Odín…) dixo “¡Fágase a luz!”, e a luz fíxose. O Diaño berrou “¡Fáganse as aves de rapina que a administren!”, e da terra emerxeron Endesa, Gas Natural Fenosa, Naturgy e outras harpías infernais de grandes e afiadas poutas.
Deus creou familias e tribos para que se espallaran polo mundo. O Diaño creou fronteiras e alfándegas.
Deus fixo campos de trigo e mares con peixes para alimentar ás súas criaturas. O Diaño inventou terratenentes para incauta-las terras e armadores sen escrúpulos que depauperaron a pesca.
Deus creou o diñeiro para facilita-las transaccións comerciais. O Diaño enxeñou a banca e usureiros hábiles nas artes de espoliación.
Deus creou o libre albedrío para opinar distinto. O Diaño contrarrestou coa prensa e os telexornais para inculcárno-los pensamentos oficiais.
Deus creou a música e os abrazos. O Diaño concibiu arcos e frechas, espadas, tanques, mísiles, portaavións e aos Estados Unidos de Norteamérica.
Para poñer orde en todo ese caos, Deus dividiu a terra en distintos territorios que chamou comarcas. Entón o Diaño dixo “¡Xaque mate!”, chamou nacións a eses territorios e enseñorounas con políticos que protexen as compañías eléctricas, a banca, aos terratenentes e fabricantes de armas.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados