O pasado, magma de experiencia liberada ante o que a historia, apenas un apunte, se mostra incapaz, ten unha encarnación evidente na figura de Deus, e é na distancia do pasado onde pervive a súa omnipotencia, onde ten aínda vixencia a súa urdime, a de Deus e a do pasado.
Do cruzamento de ambos pode brincar a barbarie, pero tamén a política. E preguntámonos: que liturxia aprobamos? E cal é o herdo político do pasado?
Pascua non é unha confesión, é unha celebración sen fe.