PASCUA

11,90  IVE Incluído

Autor/es
Colección
Category

Ficha

ISBN978-84-123646-9-9
Medidas20 x 20 x 0.5 cm
Peso0.1 Kg
FormatoTapa branda
Nº Páxinas50
ColecciónPoesía
Número35
IdiomaGalego
Data Edición02/07/2021

Extracto

O pasado é fe; de aquí parte o poemario Pascua.

O pasado, magma de experiencia liberada ante o que a historia, apenas un apunte, se mostra incapaz, ten unha encarnación evidente na figura de Deus, e é na distancia do pasado onde pervive a súa omnipotencia, onde ten aínda vixencia a súa urdime, a de Deus e a do pasado.

Do cruzamento de ambos pode brincar a barbarie, pero tamén a política. E preguntámonos: que liturxia aprobamos? E cal é o herdo político do pasado?

Pascua non é unha confesión, é unha celebración sen fe.