QUERIDA ARCEA

Ilustracións orixinais e prólogo de Manuel Raúl Alonso Ríos

17,90  IVE Incluído

Autor/es
Colecciones
Category

Ficha

ISBN978-84-19438-89-8
Medidas20 x 14 x 21 cm
Peso0.2 Kg
FormatoRústica
Detalle FormatoCon lapelas
Nº Páxinas138
ColecciónNarrativa
Número40
IdiomaGalego
Data Edición22/02/2024

Extracto

Se che gusta a literatura meliflua, este non é o teu libro. Se adoras a prosa refinada, mellor le outra obra. Se gozas entre circunloquios, entón estás perdendo o tempo.

O estilo de Felín Romero é como o propio Felín: directo, sen artificios, irreverente e, en ocasións, incluso bruto. Os futbolistas que dirixiu durante a súa etapa como adestrador poden corroborar estas palabras.

Agora ben, tras esa aparencia de persoa pétrea e ás veces ruda, agóchase unha sensibilidade máis grande que as serras zamoranas que tan ben coñece. O simple feito de escribir estes relatos é un claro exemplo desa sensibilidade. Porque calquera proceso creativo necesita dunha dose importante dela.

Nestas páxinas, o autor escribe sobre o amor —tamén o desamor— , a amizade, o compromiso, a loita, a terra, a serra, a perda, a esperanza… E faino con historias ambientadas nos territorios explorados durante as súas viaxes e a través das súas paixóns: o monte, a caza, o rural, os cans… Nos seus relatos predominan os desfavorecidos, os vulnerables, os perseguidos, os perdedores, xente que vive no gume da navalla… superviventes ó fin e ó cabo (como dalgún xeito somos todos nós). E para continuar sobrevivindo, Felín invítanos a camiñar, aínda que sexa «sen saber ás veces cara onde». «Pero para vivir, mentres alentemos, CAMIÑAR…». Nica Mares

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.