Confluencia de músicas, de ritmos distintos e discordantes (como di Félix Fanés no prólogo) que nos levan da man do poeta polo Nova York da arte e da literatura, dos longos paseos por parques e beirarrúas e da variopinta xente do metro. As ilustracións feitas polo autor, son unha parte máis do libro, que acompaña e complementa os textos.