Cada palabra é tesela; cada relato é río ou regato.Esta é unha colección de pequenas historias que se desenvolven en distintos séculos e países. Esta é unha obra en certo modo experimental, que se ofrece aos lectores como alternativa aos libros máis vendidos. Esta é unha apertura de corazón e de alma que queda agora na custodia dos seres que se interesan pola expresión cultural de Galicia. Moitas grazas, se así o decides, por entrar nesta caverna de mosaicos