“Adios amor, ya no envejeceremos juntos” é a frase que está detrás dos versos. Corresponde á noiva de Arturo Ruíz, abatido polas balas asasinas dun militante da extrema dereita, en xaneiro de 1978. Esta nova edición de tan emblemático poema conxuga o texto orixinal, traducido a oito idiomas, coas magníficas ilustracións de Xurxo Gómez-Chao, dando como resultado unha verdadeira alfaia.