SOLDADO COSTANTE

Bueu na Guerra Civil

17,90  IVE Incluído

Autor/es
Colección
Category

Ficha

ISBN978-84-10324-46-6
Medidas20 x 15 x 23 cm
Peso0.2 Kg
FormatoRústica
Detalle FormatoCon lapelas
Nº Páxinas134
ColecciónNarrativa
Número60
IdiomaGalego
Data Edición20/11/2024

Extracto

Memorias directas dun veciño de Bueu, o Soldado Costante, dende o seu nacemento no ano 1911, ata o final da Guerra Civil. Un tempo moi concreto da súa vida que el non escolleu, pero que lle tocou vivir. Retallos dunhas experiencias directas, no allo, sen amañar, vividas por un protagonista de Bueu, tan só coñecidas na súa casa, que endexamais saíran nos libros pero que a súa memoria sempre gardou nun recuncho escollido, mentres os longos anos da súa vida non llas foron esvaindo, ata mesturárense nese mundo dos camiños escuros, dos que non se sabe cal é o seu destino final.

Unhas memorias contadas nas noites frías do inverno, sentado nun escano a carón do lume da cociña de ferro, que foxen dos números e estatísticas que si saen nas obras dos que non estiveron aló. A testemuña dun soldado á forza, que nunca chegou a ter a certeza de ser vencedor ou vencido.