SOMOS O QUE IMAXINAMOS

17,90  IVE Incluído

Autor/es
Colecciones
Category

Ficha

ISBN978-84-10324-55-8
Medidas21 x 14 x 2 cm
Peso0.2 Kg
FormatoRústica
Detalle FormatoCon lapelas
Nº Páxinas244
ColecciónNarrativa
Número63
IdiomaGalego
Data Edición08/01/2025

Extracto

“Somos o que imaxinamos” é un conxunto de 42 vibrantes relatos curtos que falan da vida e da nosa cultura. Algúns baséanse en experiencias vividas, outros son pura ficción. Mitos, lendas, lecturas, viaxes, camiñar con amigos, reflexións, peixes, investigación mariña, observación do mundo e soños, ten cabida nestes apaixonantes relatos. Todos xorden de pasear con optimismo, e certa retranca, no tempo e no espazo. Unhas veces por lugares próximos, outras por ámbitos máis afastados, e as máis das veces polos íntimos e intricados sendeiros dun mesmo.

Alberto González-Garcés narra con curiosidade e sorpresa a lendaria fundación de Muros por parte de Ulises, os peixes que comía Xesús de Nazaret segundo os Evanxeos, tamén os peixes e pescados que aparecen no Quixote, o paso de Federico García Lorca por Galicia, o canto do cuco en Kioto, os seus paseos persoais por Iguaçu, Asunción, as cataratas do Niágara e por espazos máis próximos tales como San Vicente do Mar, Ons, Santa Cruz, o río Verdugo e outros. Reflexiona con pausada esperanza e chega a conclusión de que “así é a vida, somos o que imaxinamos”.

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.