Como nos adianta a autora: “Escribir é fácil: só precisas poñer o corazón, a cabeza e o boli na mesma pota e adobalos cunhas cantas regras e saberes que, espero, aprendas lendo estas páxinas, dirixidas a todas aquelas persoas -sen limite de idade- ás que lles gusta escribir e ao profesorado de lingua -a quen este libro lle poida servir de axuda-.
E tamén espero que ao rematar, sexas quen de escribir todo tipo de textos, desde pequeniños, como os haikus, as greguerías ou os aforismos, ata nanos e microrrelatos e (por que non?) a túa gran novela.”.