A miúdo a palabra érguese contra o tempo e a morte. A conciencia da perda, de que cada día que pasa non regresa, a añoranza da infancia, da inocencia, limbo auroral, ensoñado, e, paralelamente e na mesma medida, a recreación do pasado idealizado, artellan os poemas de Manuel Blanco; uns poemas nos que nada sobra, directos, tremerosos, elementais, como agullas ferindo delicadamente os teais da alma.
“Tempo entre palabras” é un libro plural con diferentes tons, rexistros e pautas que van desde a amargura pesimista á aceptación, da frustración á resignación, da negación á afirmación, acadando, porén, unha proposta harmónica no seu conxunto. “Procurei, e espero telo conseguido, escoller o máis representativo de cada poemario, aquilo que o caracteriza e o reflicte mellor (temática ou estilisticamente) para que o lector teña unha idea aproximada da cada un deles”. X. L. V.