Libro de poemas que combina a delicadeza da palabra do autor Paco Rivas, coas ilustracións de M. Manxela, que non só acompañan, senón que complementan o sentido do poema. Un canto á paisaxe e de amor á terra, á natureza, moi na liña da tradición poética galega de autores como Noriega Varela ou Aquilino Iglesia Alvariño.