Con esta obra o multipremiado autor de Noia vén de acadar o II Premio de Poesía Eduardo Pondal. En palabras do xurado, trátase dun texto que amosa unha vontade anovadora no discurso, nun xogo de intertextualidade e intra-literatura. Ilustra a portada o artista galego Xosé Randolfe Vilariño.