Esta é a primeira edición en lingua galega dos versos amorosos de Pablo Neruda (Chile, 1904-1973), un clásico universal das letras hispánicas. Afondando nos valores destes versos tan xuvenís e apaixonados de Neruda, non se debe esquecer que na actualidade Veinte poemas de amor y una canción desesperada é a obra de seu máis editada e probablemente máis lida e traducida aos idiomas do mundo, mesmo con versións nas linguas indíxenas chilenas.