Tí…que tamen podería ser ‘War is over?’ é unha conversa, un diálogo poético, cunha cidade esgotada.
A autora parte, neste caso, dunha Compostela mallada, deformada e case irrecoñecible para os que un día a amaron e a viviron. Unha cidade que expulsa aos seus habitantes, onde choven figas de plástico made in china, un new paradise onde os sons, os arrecendos e as personaxes que tecían a súa identidade, desaparecen nunha secuencia lenta e nostálxica.
Pode ser Compostela, santa e puta, máis pode ser calquera outra lugar, outra urbe, outra vila, cegada pola pedrería do turimo, polas flores en fila e polas lavadoras xigantes.