o_prazer_da_choiva_inicio

O PRACER DA CHUVIA

Subtitulo si existe
Prólogo de Xesús Trashorras

“A novela, á parte de ser unha defensa e reivindicación do rural, é unha novela tamén de carácter urbano, representado fundamentalmente por cinco cidades: Lugo, A Coruña, Lisboa, París e Madrid.

Aquí podemos atopar personaxes reais do rural propios de García Márquez, coma o seu grande mestre da vida, Dositeo; o labrego Quinto de Serés; Marité, a súa sogra;  Servando, aquel home listo, que ía por diante ; Eliseo, o seu avó, que morreu sendo el moi novo;  as tres Mapoulas, asasinadas polos fascistas en Montecubeiro; Pedro da Vica que un día ao regresar da Gulpilleira a Aldegunde, despois de ver a súa moza, ao saltar unha parede foi caer enriba do lobo…”

* * *

Últimas novidades

Premio Poesía Eduardo Pondal 2023

DENDE A MIÑA BARRICADA DE SOFÁS E CANAPÉS

Contemplar como todo se esfarela, como o mundo se esborralla depredado pola praga humana, ser espectador dunha tarda e preguiceira apocalipse dende a comodidade dun fogar ben mantido no primeiro mundo. Facelo até que algo racha nos adentros, unha demencia transitoria que impele a cavar...

14,90  IVE Incluído

Sobre nós

MEDULIA é unha editorial privada e independente ubicada no barrio coruñés dos Mallos que pretende, como obxectivo primordial, a promoción, difusión e dignificación da cultura galega en diálogo co resto de culturas peninsulares e universais. Así, ten chegado a acordos coa Universidade de Veracruz (México), coa Fundación Pablo Neruda (Chile), Fundación Gabriel García Márquez (Colombia) ou con edicións Gallimard (París); estando, asemade, presente nas principais Feiras Nacionais (Culturgal) e Internacionais do Libro (Frankfurt, Guadalajara -México-, Italia). Tendo traducido ó galego a Dylan Thomas, Rilke, Jacques Prévert, Oscar Wilde, Joan Margarit, Madeleine de Souvré etc…

MEDULIA ofrece unha asistencia integral, tanto literaria como xurídica, a calquera autor/a que nos confíe os seus manuscritos desde o momento da entrega ata a publicación. E despois de publicados, continuamos apoiando o seu desenvolvemento e promoción para dotar a cada obra da maior visibilidade e transcendencia posibles.

Medulia edita todo tipo de obras sen crear coleccións específicas para cada xénero. No seu catálogo figuran libros de poesía, narrativa, teatro, ensaio e literatura xuvenil. Desde o 2019 Medulia convoca e financia o Premio de Poesía Eduardo Pondal fomentando o descubrimento de novos valores e consolidando outros, como Manuel Vázquez, Andrea F. Maneiro, Manuel López Rodríguez, Xosé de Cea ou Mª Carmen Gorgal.

O nome, MEDULIA, ten diversas connotacións. A primeira de Resistencia Activa, en defensa do propio pero respectando e valorando o alleo. Alude tamén ao monte Medulio, pero feminizándoo, co cal amosamos unha evidente toma de postura conceptual e ideolóxica. E, por afinidade fonética, médula, isto é, centro, nó, esencia…, unha proposta de compromiso e coherencia co noso País e con nós mesmos.

escaparate_medulia

Onde estamos

Dirección

Rúa Menéndez Pidal 4 Baixo
15007 A Coruña

+34 881.300.782

Contacto

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.