Adrián Noia (Santiago de Compostela, 2001) é graduado en Lingua e Literatura Españolas pola Universidade de Santiago de Compostela. O seu interese pola escrita levouno a cultivar o relato curto desde moi novo, sendo recoñecido co I premio nos certames «A Pipa» de Becerreá (2016) e «Terras de Chamoso» do Corgo (2017), ambos na categoría xuvenil.
Tamén é actor e secretario da compañía teatral LaBarata. En 2022 publicou a súa primeira novela, O país dos raposos (Editorial Toxosoutos), obra coa que obtivo o II premio de novela curta no certame Xuventude Crea 2021.