González-Garcés Santiso, Alberto

Biografía

Alberto González-Garcés Santiso naceu na Coruña en 1950 e reside en Vigo desde 1987. Doutor en Bioloxía Mariña, dedicou a súa carreira á investigación en oceanografía biolóxica, centrado especialmente no estudo dos recursos mariños vivos.

Participou en numerosas campañas científicas a bordo de buques oceanográficos nos océanos Atlántico, Mediterráneo e Pacífico. Foi director do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía e do Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR. Ademais, estivo á fronte de relevantes grupos científicos internacionais dedicados á investigación e xestión pesqueira.

É autor de numerosos artigos científicos publicados en revistas especializadas, tanto a nivel nacional como internacional. Durante a súa etapa na Comisión Europea en Bruxelas, participou activamente na elaboración e desenvolvemento da Política Pesqueira Común.

Libros editados

14,90  IVE Incluído

10,00  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.