Alexandro Bouzó Otero é un escritor e psicólogo nacido no 2001 en Redondela. Catro anos máis tarde, a súa familia mudouse a Santiago de Oliveira (Ponteareas), onde pasou boa parte da súa infancia e adolescencia ata o seu paso pola universidade. A partires de entón, viviu a cabalo entre Ponteareas e Santiago de Compostela.
A Cesta de Mazás, súa segunda novela, aflora durante o 2021. Mais o seu feitío experimenta cambios estruturais a medida que transcorren os meses, afastando a novela daquela primitiva silueta coa que irrompeu nas súas ideas. Converténdose desta maneira, nunha obra que medrou da man do autor, enchoupada dos seus abraios e descubrimentos.