Amador Fonfría Santín naciu en Herrerías (León) o 17 de abril de 1959. En 1994 apareceu a súa primeira colaboración na revista JOYCE, na que tratou de describir os sentimentos máis insondables por dúas mulleres a través das notas olfativas dun perfume —unha das súas grandes paixóns—. Publicou varios relatos en LNC de León e tamén colaborou en varios libros de relatos, como a “Antoloxía de relatos” en 2017 e “El manantial de las palabras” en 2020, da ULE. En 2022 publicou o seu primeiro poemario, “AURORA” —3ª edición—, e un relato na antoloxía “Bierzo fantástico” de Más Madera.