Ana García Rivas nacida no ano 1959 en Caracas (Venezuela), filla da emigración Galego-Aragonesa. Foi medrando en Vilagarcía de Arousa dende os 4 anos. Diplomada en enfermería ao que se dedicou uns anos.
Sempre gustou da poesía e da fotografía con unha adicación particular ainda que ten participado nalgún certame da contorna. No ano 2019 gaña unha Vilariña e un premio de poesía sobre o Outono na súa cidade, tamén ten publicado algún poema nalgunha Revista Cultural.
No 2020 gaña o 1º premio de fotografía “ Campus do Mar” do Centro de investigacions mariñas da Universidade de Vigo e no 2023 acada o 1º premio de fotografía do Museo Etnográfico Liste de Vigo.