Aurora Corbacho é funcionaria de carreira na Administración Local. Doutora en Dereito Público pola Universidade de Vigo, posúe tamén o grao en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas e un posgrao como Experta Universitaria en Administración Local pola UNED. É ademais Xestora Administrativa. Conta con diversas publicacións en revistas xurídicas especializadas na organización territorial. No ámbito literario, esta é a súa segunda incursión tras participar cun poema na publicación de 2024 da Asociación sevillana Cuadernos de Roldán, dedicada a Mondariz Balneario.