Valcárcel, Charo

Biografía

Charo Valcárcel naceu en Vinseiro (A Estrada) o 24 de maio de 1960. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu a súa carreira docente como profesora de lingua e literatura galega no IES Valle Inclán de Pontevedra, onde tamén dirixiu o grupo de teatro Argallada.

Despois da súa xubilación iniciou unha nova etapa como escritora, publicando o seu primeiro poemario Cando os bosques sintan frío en decembro de 2021. En 2022 viu a luz o seu libro de relatos Funámbulas, protagonizados por mulleres, un dos cales, Espello, recibiu o 1º premio no XIII Certame Literario Terras de Chamoso.

Participou en diversas publicacións colectivas como as revistas Furman e Xistral, así como nas colectáneas lusoespañolas Cultura sem fronteiras, Abraço de culturas e Historias de encantar. Poesía.

É ademais unha das creadoras do proxecto web De vella a bella, nacido en Pontevedra no ano 2020, centrado na visibilización da muller maior desde unha perspectiva artística e reivindicativa.

Libros editados

14,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.