Eva de la Torre Conde (Orbazai, Lugo, 1986) é poeta, acordeonista, artista multidisciplinar e practicante de ioga. Licenciada en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, ten tamén formación en movemento libre, meditación e xestión emocional, e actualmente cursa un Máster en Técnicas de Danza en Terapia e Recursos Psicocorporais.
Apaixoada da autoetnografía do pobo galego, opositou para o ensino de Lingua e Literatura Galega, ao tempo que desenvolve un labor creativo no que conflúen corpo, arte e espiritualidade. Colaborou en diversas publicacións colectivas e proxectos artístico-performáticos. No seu primeiro poemario publicado, Poética do(s) corpo(s): poética do corpo dos corpos, móstrase a súa mirada singular e a versatilidade de expresión que a caracteriza.