Fernando Cabeza Quiles (Ponferrada, 1953) é diplomado en Maxisterio e licenciado en Filoloxía Hispánica. Profesor, ensaísta, narrador e investigador especializado na toponimia galega, é membro do Instituto de Estudos Bergantiñáns e da Asociación Galega de Onomástica.
Ao longo da súa traxectoria publicou numerosas obras nas que analiza a orixe e o significado dos nomes de lugar de Galicia, como Os nomes de lugar: topónimos de Galicia, a súa orixe e significado (1992), Os nomes da terra (2000), Toponimia de Galicia (2008), A toponimia celta de Galicia (2014), Toponimia da Estrada (2018) ou Toponimia de Carballo (2020). Tamén é autor de obras narrativas como Domingo de resurrección (2005), Contos azuis (2009) e O segredo dos zapatos (2021), así como de ensaios como Galegos en Las Alpujarras granadinas (2003) e Galicia, o galego e os galegos (2016).
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados