Biografía
Fina Paulos Lareo (Santa Marta de Babío, Bergondo, 1972) é docente de informática no IES Maximino Romero de Lema, en Baio (Zas), e reside en Perillo (Oleiros). En 2025 foi recoñecida co segundo premio dos Premios Educa Abanca como unha das mellores docentes de España. Destaca pola súa aposta pola innovación educativa, especialmente pola integración da intelixencia artificial no ensino como ferramenta para mellorar a vida de persoas con diversidade funcional. É autora do libro Intelixencia Artificial para a sociedade e lidera proxectos como DesexarIA, que dan voz a persoas con parálise cerebral ou síndrome de Rett.
Paulos combina a docencia coa formación de profesorado e a participación en foros nacionais e internacionais sobre educación e tecnoloxía. É defensora do ensino no rural como espazo de oportunidades e atención personalizada. O seu traballo foi premiado en certames como o OUFF Escolas, o Festival FOCO ou o concurso “Unha Constitución para todos”. A súa traxectoria destaca polo compromiso coa inclusión, a innovación e os valores sociais aplicados á educación.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados