Fran Pereiro naceu nas Travesas, Vigo, en 1965. Desde os nove anos, comezou a interesarse pola poesía, impulsado pola súa profesora Nones (Dolores Araujo), e dende entón non deixou de escribir. Despois de estudar na Universidade Laboral de Vigo, onde descubriu o mundo da escultura e pintura, cursou Filoloxía Xermánica nas facultades de Vigo e Santiago.
Despois de regresar a Vigo, traballou como profesor de inglés e latín, cobrador, camareiro e celador, sendo este último traballo o que lle revelou o seu interese polo que as persoas senten nunha situación límite. Posteriormente, fixo unha presentación pública do seu libro de poemas Estampas Animais no pub Tamboura en Santiago e publicou algúns debuxos na revista do Colectivo Gay de Santiago.
A súa traxectoria levouno ata Londres, onde traballou na Tate Modern Gallery e entrou en contacto directo con artistas como Picasso, Picabia, Rothko e Susan Hiller. En Londres, tamén participou na exposición Collective.01 na Round Chapel de Hackney cunha instalación poética.
Logo de Londres, fixo unha parada en Sitges e, finalmente, regresou a Panxón, onde reside actualmente.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados