Guadalupe Vázquez Formoso naceu en 1981 e pasou a súa infancia entre os Estados Unidos e Galicia. Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade da Coruña no ano 2003, exerce actualmente como mestra no CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo, en Cee.
Da súa traxectoria como docente naceu a serie de contos bilingües protagonizados por Saltarín, historias de contido pedagóxico orientadas á aprendizaxe a través do movemento e que constitúen, ao tempo, un canto de amor á Terra e á lingua.
No ámbito da narrativa, publicou a novela Conto de Quilmas (Editorial Medulia, 2022), froito dun traballo de recuperación léxica e expresiva vinculado á oralidade e á memoria das zonas costeiras galegas. Recentemente foi recoñecida co premio na categoría en galego do IX Concurso de Relato Curto promovido por AFAGA.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados