José Flaminio González Lamelas, nado en Chandrexa de Queixa en 1965, é un autor que reparte a súa vida entre a Galicia interior e montañosa das súas raíces e a Galicia costeira, onde reside. En 2007 obtivo o primeiro premio do Concurso Literario Rita Suárez Amado, convocado polo IES Eusebio da Guarda da Coruña, co relato El bifaro de Teodoro.
Apaixonado polos temas etnográficos do rural galego, publicou en 2012 o libro Chandrexa de Queixa. Patrimonio Artístico y Tradición Oral, editado pola Deputación de Ourense. Na súa obra Un poeta en tierras de Queixa, recrea o exilio poético de Valentín Paz Andrade en Requeixo de Queixa, lugar da montaña ourensá onde, simbolicamente, o pontevedrés “naceu para a poesía”.