Bermúdez Garrote, José Manuel

Biografía

José Manuel Bermúdez Garrote naceu en Ortigueira o 30 de xullo de 1950, no seo dunha familia de mariñeiros. Capitán da Mariña Mercante, desenvolveu a súa carreira profesional embarcado en diversas compañías navieiras, como REPESA, Compañía Trasatlántica Española e Compañía Transmediterránea.

No ano 1987 foi habilitado polo Axudante de Mariña de Ortigueira para exercer como práctico interino, debido á enfermidade do seu pai, que desempeñaba esta función no porto da vila. Anteriormente, o 21 de febreiro de 1979, xa fora designado como práctico provisional dos portos de Ortigueira e Cariño, sendo nomeado o 19 de xullo dese mesmo ano como práctico de número para ambos portos. Exerceu este cargo ata o 3 de marzo de 1995, data na que foi nomeado polo Director Xeral da Mariña Mercante como práctico do porto da Coruña. Alí desenvolveu a súa labor ata o ano 2014, cando se xubila a consecuencia dun accidente sufrido no ano 2012, mentres realizaba unha manobra de embarque nun buque.

O 22 de abril de 1980 obtivo tamén a autorización oficial como Compensador de Agullas. Ademais, ao longo da súa traxectoria profesional, impartiu docencia contratado pola Xunta de Galicia e polo Instituto Social da Mariña, formando a patróns e mariñeiros nos anos 1982, 1984 e 1986 nos portos de Espasante e Cariño.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.