Galán Suarez, Juan Manuel

Biografía

Juan Galán naceu en A Coruña en 1961 e reside no pobo mariñeiro de Ares, na comarca de Ferrolterra. Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago, onde se licenciou en 1984. Ao longo da súa vida, viviu en diversos países e continentes. En 1989, traballou como profesor de inglés e historia na Nyamutora Secondary School en Karoi, República de Zimbabwe (África). Foi fundador e primeiro presidente da ONG Ecos do Sur, que se centra en cooperación ao desenvolvemento e axuda ao inmigrante estranxeiro. A maior parte da súa carreira profesional a desempeñou na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, onde se xubila en xaneiro de 2021, despois de 30 anos de docencia. Ademais de escribir, tamén se dedica á investigación da Memoria Histórica Democrática. A súa carreira literaria comeza coa novela histórica “Romanza dos Naranxos en Flor”.

Libros editados

14,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.