Lino García Salgado

Biografía

Lino García Salgado (Baltar, A Pastoriza, Lugo, 23 de abril de 1967) é poeta e colaborador en proxectos culturais multidisciplinares.

En 2010 publica o seu primeiro libro, Espertar, unha obra que combina poesía e fotografía, con imaxes de Helena Robledo, editado pola Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos.

Participa en 2011 na exposición colectiva Ela en plural, organizada polo colectivo Argazo, que se presentou en A Coruña, no NH Hotel. Esta mostra foi actualizada e levada ao Museo Provincial de Lugo en outubro de 2012, e á Casa Museo Casares Quiroga, tamén na Coruña, en marzo de 2013.

Ese mesmo ano publica o seu segundo poemario, Meliflua Moradía, editado por Q de Vian, nos cadernos da Porta Verde do Sétimo Andar.

Libros editados

14,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.