Loli R. Rodríguez naceu en Torbeo, criouse en Monforte de Lemos e reside en Vigo, cidade na que desenvolveu a maior parte da súa vida. Estudou Maxisterio en Santiago de Compostela e exerceu como mestra durante un ano, aínda que o seu camiño profesional acabou por desviarse cara a outros ámbitos.
Durante preto de vinte anos estivo ao fronte dunha libraría-papelaría, unha etapa que supuxo para ela un reto e unha intensa aprendizaxe grazas ao trato continuo coa xente. Actualmente traballa como celadora no Hospital Meixoeiro de Vigo, profesión que a achega diariamente á dor, á enfermidade e ao sufrimento, mais tamén á empatía, á humanidade e ao compañeirismo.
Escritora vocacional, comezou a escribir desde moi nova. Para ela, a escritura é tanto unha fonte de pracer como unha necesidade vital: unha forma de evasión, de conexión interior e de exploración emocional e creativa.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados