César L. Mougán (Baiona, Pontevedra, 1984) é mestre e educador, cunha formación en Ciencias da Educación Física e do Deporte e en Maxisterio. Dende 2011 traballa no ámbito educativo. Iníciase no mundo editorial cunha escolma de poemas infantís ilustrados centrados na natureza, onde mestura sensibilidade poética e vocación pedagóxica.