Manuel López Rodríguez (Noia, 1978) é poeta e activista cultural. Membro cofundador do colectivo literario-artístico Sacou e do dúo poético-musical NoN SomoS NóS, tamén é responsábel de Acha Escrava Editora e da plataforma artística e literaria A Lanzadeira de Alcor. Impulsor do Encontro Nacional de Poetas en Idioma Galego, ten recibido diversos premios pola súa obra poética, entre os que destacan o Suso Vaamonde, o López Ardeiro, o Eduardo Pondal e o Premio Concello de Carral.