Vázquez, Manuel

Biografía

Manuel Vázquez é natural de Valonga, no concello de Pol, e reside actualmente en Lugo. Traballa como celador no servizo de urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti.

No eido literario, publicou diversos artigos en Nós Diario entre maio e agosto de 2021, e colabora co dixital Praza Pública desde abril dese mesmo ano. Como poeta, participou na obra colectiva Poetas do reencontro II (Punto Rojo, 2021) co poema Homeless, e a súa peza Baleas de terra foi incluída no número 24 da revista Xistral (2022).

Ademais, escribiu o limiar do libro de relatos curtos Paseando canguros de Xesús Trashorras (Medulia, 2022), quen tamén lle prologa a súa primeira novela.

Libros editados

17,90  IVE Incluído

17,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.