María Cando Cruña (Muimenta, Cospeito, Lugo, 1999).
Estudou o Grao en Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Santiago de Compostela, e despois cursou o Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato na mesma universidade.
Actualmente é profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario de titularidade pública.
No eido literario é autora das ilustracións do conto infantil Manoliño Cuadrado de Camporredondo (2011), da investigación toponímica da Rota dos boieiros, e de tres obras que aínda non saíron do prelo: Toponimia de Barreiros; Valeira na historia, en que se narra a historia deste concello; e Os caseiros de Don Feliciano, unha novela histórica que se centra na vida do rural e, posterior emigración a Cuba en tempos da Guerra Civil Española.