Gómez Pose, Marina

Biografía

Marina Gómez Pose naceu en A Coruña en 1966 e actualmente reside en Corcubión. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e exerce como profesora de ensino secundario no I.E.S. Fernando Blanco de Cee (A Coruña). Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo codirectora da agrupación escolar Tuéjele Teatro e do grupo de teatro Farándula Velutina, que desenvolve actividades por toda a xeografía galega e cuxas pezas teatrais foron merecedoras de distintos premios e recoñecementos. Recibe formación actoral no estudo teatral CasaHamlet de A Coruña desde 2022. É autora do monólogo teatral Punta, tacón, peza que foi codirixida pola autora e que recibiu unha mención especial a nivel estatal nos “Premios Buero de Teatro Joven” no 2021.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.