Maurizio Polsinelli naceu en Roma no 1972. Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade La Terza de Roma e en piano no Conservatorio Santa Cecilia da mesma cidade. A súa conexión con Galicia comeza no 2008, e establece o seu domicilio de forma permanente no Morrazo en 2014.
É cofundador do grupo 2naFronteira, un colectivo co que leva máis de dez anos realizando unha serie de traballos de musicalización da poesía galega clásica e contemporánea. Este proxecto destaca pola súa proposta de fusionar poesía e música, e no 2015 o grupo foi nomeado xuíz honorario do Couto Misto, recoñecendo o seu traballo a prol do patrimonio inmaterial galaico-portugués.
Maurizio Polsinelli tamén foi finalista no Premio de Poesía Florencio Delgado Guarriarán e no Premio de Poesía Eduardo Pondal. O seu primeiro traballo poético individual, e en lingua galega, é esta publicación que agora está a presentar.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados