Lema Otero, Natalia

Biografía

Natalia Lema Otero naceu en 1999 en Baíñas, parroquia do concello de Vimianzo (A Coruña). Con só 17 anos publicou o seu primeiro libro, Baos (2016), unha obra que aborda a diáspora provocada pola construción do Encoro da Fervenza no ano 1966. O seu segundo traballo, Prevención de Riscos Agrarios na Costa da Morte, é un manual técnico que afonda nos perigos asociados ao sector primario, con especial atención ao envorco e ao atrapamento por toma de forza.

Ao longo da súa traxectoria, foi recoñecida con diversos galardóns, entre os que destacan tres edicións do Premio Avelino Díaz, a XXV edición do Premio de Poesía Concello de Cambre, o Premio Terras de Chamoso (2018) e o Premio Literatas que concede a Fundación Eduardo Pondal (2019), este último compartido coa poeta Lupe Blanco.

Ademais, recibiu o recoñecemento de honra do Club Rotary Interact de Fernández (Arxentina) pola súa implicación na loita pola erradicación da poliomielite. Comprometida coa cultura e a memoria da súa terra, Natalia Lema colabora desde hai anos con distintas publicacións e medios xornalísticos da Costa da Morte.

Libros editados

11,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.